Aliscamps
Aliscamps
Antiga necrópole de Arles, Provenza. Do s IV ao XIII foi unha das máis sobranceiras do mundo occidental. Os restos que remanecen están aliñados e dan forma a unha avenida que desemboca na igrexa románica de Santo Honorato.