allada
allada
(< allo)
s
f
[ALIM]
Salsa composta de aceite de oliva, allos fileteados e pimentón. É moi típica de Galicia ata o punto de caracterizar os pratos, xeralmente de peixe, “á galega”.
Ex: Botáronlle unha allada ó peixe sapo e mellorou o seu sabor.
Citas
- Botáronlle unha allada ao peixe sapo e mellorou o seu sabor.
Frases feitas
-
Coller/pescar/pillar na allada a alguén. Sorprender a alguén facendo algo malo. SIN: in fraganti, nas balocas.