Allegri, Antonio
ou Il Correggio (Correggio, Emilia ? 1489 - 1534) Formado en Mantua recibiu a influencia da obra tardía de Mantegna. A súa obra enriqueceuse co sfumato de Leonardo da Vinci e co colorismo veneciano. Seguramente foi a Roma cara ao ano 1518, onde estudiou a obra de Rafael e de Miguel Anxo. Fixo as pinturas murais da igrexa de San Xoán Evanxelista (1520-1523) de Parma; a cúpula, que representa a visión de san Xoán en Patmos, foi un precedente das perspectivas ilusorias das cúpulas barrocas. Cómpre salientar, así mesmo, a Nai de Deus de san Xerome, coñecida como O Día (1527-1528) e a Adoración dos pastores, coñecida como A Noite (1530). Os últimos anos da súa vida, fixo unha serie de pinturas sobre os amores de Xúpiter. A súa obra anuncia o Maneirismo e constitúe un importante precedente do Barroco.