Alliance Française

Alliance Française

Asociación privada, fundada no 1883 por un grupo de literatos e políticos franceses presidido por Paul Cambon, destinada a difundir a lingua e a civilización francesas por todo o mundo. En 1919, fundou en París un centro, École Internationale de langue et de civilisation françaises, destinado ao ensino da lingua francesa aos estranxeiros. A súa presenza espallouse tamén por outros países, sobre todo, en América Latina, SL de Asia, Extremo Oriente, Australia, Europa e países anglófonos de África. En Galicia, posúe sedes en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.

Palabras veciñas

allezo | allezos | Allgäu | Alliance Française | Alliaria | Alliata, Giuseppe | Allier