Almaxesto
Almaxesto
-
Nome dado polos árabes á principal obra de Ptolomeo, a Gran Sintaxe Matemática (? 150 a C), que posteriormente se adoptou en Occidente. Nesta obra, fundamental da astronomía antiga, deféndese un concepto global do Universo, realízase unha síntese do coñecemento adquirido na época e establécense as condicións precisas para a observación práctica do Cosmos. A principal idea sostida por Ptolomeo defendía que a Terra e o Universo son esferas concéntricas, feito polo que a Terra non se move, senón que é a bóveda celeste a que dá unha volta diaria ao redor dun eixe celeste. Contén, ademais, un catálogo de 1.022 estrelas. Está presente a influencia de Hisparco.
-
Escolma de observacións astronómicas.