almocadén

almocadén

(<ár al-muqaddem)

  1. s m
    1. [ADM/ETN]

      En Marrocos, enténdese como autoridade subalterna na cidade; nas tribos do campo ten ao seu cargo unha das partes nas que se divide esta.

    2. [ADM/BÉL]

      Sarxento do exército marroquí.

  2. s m [BÉL]

    Na milicia antiga, xefe militar ou capitán que ordenaba as tropas de infantería.

  3. s m [HIST/BÉL]

    Cabo que mandaba dez ou doce homes a cabalo na capitanía de Ceuta.

Palabras veciñas

almixendro | almo -ma | Almoben | almocadén | almoda | Almodóvar del Campo | Almodóvar del Río