alo-

alo-

(

  1. pref

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘outro, diferente’.

    Ex: alógamo, alopatía.

  2. pref [QUÍM]

    Elemento compositivo usado algunha vez para designar un de dous ou máis isómeros, especialmente cando é difícil expresar brevemente a súa estrutura ou cando esta non se estableceu ao descubrilo. Nalgúns nomes triviais de compostos orgánicos emprégase sen que isto implique ningunha referencia á isomería.

    Ex: alopurinol, aloxantina.

Palabras veciñas

alnico | Alnus | aló | alo- | Aloades | aloaglutinación | aloaglutinina