Aloia, Parque Natural Monte

Aloia, Parque Natural Monte

Superficie forestal de 746 ha, que en 1978 cambiou a declaración de sitio natural de interese nacional, que ostentaba dende 1935 pola de parque natural. A vexetación actual provén principalmente das repoboacións principiadas en 1910 con piñeiros, acacias, cipreses e cedros, e de pequenas manchas de vexetación autóctona. A presenza no parque de gandería cabalar en liberdade permite a celebración cada ano de curros e de rapas.

Palabras veciñas

alógrafo | Aloia | Aloia, monte | Aloia, Parque Natural Monte | aloína | aloinmunización | Alomar i Vilallonga, Gabriel