Alonso, Tomé
frei (s XVII) Monxe beneditino destacado polo seu labor como mestre de obras. A súa actividade céntrase en Santiago, onde se encargará da reforma da fachada principal do Hospital de Real (1678). Probablemente en colaboración con Domingo de Andrade tamén levará a cabo a construción da Casa da Parra (1683). Pero a súa gran obra será a dirección das obras do convento de San Martiño Pinario entre os anos 1677-1686, onde incorpora a súa concepción plasticista na ornamentación dalgunhas partes da fachada, na escaleira do refectorio ou na torre-campanario. Tamén ditaminou sobre as obras de construción da torre das campás da Catedral de Ourense en 1684. A súa linguaxe ornamental gusta de mesturas entre formas vexetais e a figura humana, acadando ás veces formas fantasiosas.