Alouette
Alouette
[AERON]
Primeiro satélite artificial proxectado e construído en Canadá, lanzado o 29 de setembro de 1962 cun foguete americano Thor-Agena B. A súa finalidade foi estudar a ionosfera terrestre. O 29 de novembro de 1965 foi posto en órbita, xunto co Explorer XXXI, o segundo da serie, chamado Aloutte II.