2 alpaca
2 alpaca
(
-
s
f
[ANIMAL]
Mamífero artiodáctilo ruminante e de cor arrubiada. É moi semellante á llama, pero máis pequena e de la máis longa e fina, moi apreciada na industria téxtil. Vive no Perú, nas rexións elevadas e frías dos Andes, onde se atopa como animal doméstico.
-
s
f
[TÉXT]
-
Fibra téxtil procedente da alpaca. Caracterízase pola súa gran lonxitude, polo seu brillo e pola súa cor canela. Emprégase principalmente para fabricar tecidos de abrigo.
-
Tea delgada de entretecidos distintos, de urdidura de algodón e trama de pelo de alpaca, que se pode tinguir e que se caracteriza polo seu brillo e pola súa rixidez natural. Emprégase para facer vestidos de verán.
-