Alstonia
Alstonia
[PLANTA]
Xénero de árbores da familia das apocináceas con follas en verticilos ou opostas e cortiza da que se extraen compostos químicos activos. Comprende máis de 40 especies presentes en África, Asia e Oceanía entre as que destacan A. cannabina con aplicacións febrífugas e A. constrita como sucedáneo da quina.