altimetría

altimetría

(< alti- + -metría)

  1. s f [LIT]

    Recurso métrico propio da lírica trobadoresca que consiste en manter as mesmas rimas da primeira estrofa en todas as demais como acontecía nas cobras unisonantes provenzais.

  2. s f [XEOG]

    Parte da topografía que se ocupa de medir as alturas, referidas a un plano de comparación; xeralmente, pero non necesariamente, este plano é o nivel do mar. Na cartografía básica do territorio galego, elaborada polos servicios xeográficos do estado español (Instituto Geográfico Nacional e Servicio Geográfico del Ejército) as altitudes refírense ao nivel medio do Mediterráneo en Alacant. O aparello esencial para estes traballos é o nivel, que serve para atopar as diferencias de alturas entre os puntos e despois relacionadas co plano xa establecido.

    Sinónimos: hipsometría.
  3. s f [XEOG]

    Conxunto de signos que nos mapas representan o relevo do terreo: curvas de nivel, sombreados e cotas.

Palabras veciñas

altígrafo | altilocuencia | altilocuente | altimetría | altimétrico -ca | altímetro | Altin Tagh