Altos Hornos de Vizcaya SA
Altos Hornos de Vizcaya SA
Empresa fundada en Bilbao no 1902, por achega de capital de tres empresas de Euskadi. No ano 1940 absorbeu a Compañía Siderúrgica del Mediterráneo (Sagunto) e no 1971 a SA Basconia. En 1971 creou Altos Hornos del Mediterráneo SA. Ten siderurxia integral en Barakaldo e Sestao (Bizkaia) e outras instalacións transformadoras. Por mor das fortes perdas arrastradas dende o decenio 1970-1980, en 1991 integrouse, conxuntamente coa Empresa Nacional Siderúrgica (ENSIDESA), baixo o control e a xestión da Corporación de la Siderurgia Integral, paso que, de feito, supuxo o seu traspaso ao sector público.