alumina

alumina

(

  1. s f

    Sólido de dureza moi elevada (9 da escala de Mohs), que existe na natureza en forma de anhidro e cristaliza en forma de corindón e hidratado en diversos graos. Quimicamente é moi estable e redúcese con moita dificultade. Obtense no laboratorio por calcinación do hidróxido ou dalgúns sales de aluminio. Por outra banda, ao ser un óxido anfótero, é soluble nos ácidos, cos que dá sales de aluminio e tamén nos álcalis, cos que orixina aluminatos. Quentada por riba dos 800°C troca da estrutura cristalina, resultando parcialmente insoluble nos ácidos e non susceptible de hidratación. O corindón correspóndese con esta segunda variedade. Industrialmente a alumina prepárase a partir da bauxita, sobre todo polo procedemento de Bayer. Hoxe utilízase a alumina principalmente para a fabricación de aluminio, pero tamén para a obtención de abrasivos, refractarios, pezas cerámicas, catalizadores e soportes de catalizadores, así como alumina activada.

  2. s f [QUÍM]

    Alumina en forma granular de porosidade moi elevada e gran superficie específica, que manifesta unha gran capacidade de absorción, especialmente para a auga. Obtense deshidratando e calcinando hidróxido de aluminio ao redor de 500°C nunha corrente de CO 2 e que pode ser reactivada quentándoa a 180-300°C. Emprégase para secar gases ou vapores e certos líquidos, como catalizador e como absorbente, especialmente en cromatografía.

  3. s f [QUIM/IND]

    alundo.

  4. s f [QUÍM]

    Calquera dos hidratos de alumina. Os mellor coñecidos e definidos son o monohidrato (diásporo) e o trihidrato (hidrarxilita, hidróxido de aluminio).

  5. s f

    Hidróxido de aluminio coloidal. Con solucións acuosas ácidas forma xeles dotados de propiedades absorbentes, que son utilizados en medicina contra a acidez gástrica.

Palabras veciñas

alumear | alumel | alumin(i/o)- | alumina | aluminar | aluminato | Aluminaut