aluminaxe
aluminaxe
(< aluminio + -axe)
s
f
[IND]
Operación que consiste en depositar unha capa de aluminio sobre un soporte, especialmente sobre ferro ou sobre unha aliaxe férrica, para protexelo contra a corrosión, sobre todo a temperatura elevada. A aluminaxe non se pode efectuar por electrólise en solución acuosa, se ben no laboratorio a electrodeposición do aluminio puido ser obtida con solventes orgánicos. Tecnicamente, a aluminaxe ten lugar por inmersión nun baño de aluminio fundido. Un procedemento especial de protección do ferro por aluminaxe é a calorización.