Álvarez de Toledo y Pimentel, Fernando o Gran Duque de Alba
(Piedrahita, Ávila 1507 - Lisboa 1582) Xeneral e político, terceiro duque de Alba. Serviu no exército de Carlos I. Defendeu Catalunya e Navarra dos franceses (1542), venceu ao Elector de Saxonia en Mülberg (1547) e crebou a Liga Esmalkalda. Vicerrei de Nápoles (1556-1557), defendeu a cidade durante a guerra de Filipe II contra o Papado (1557). Gobernador dos Países Baixos (1567), onde constituíu o Consello dos Balbordios. No 1568 detivo a incursión de Luís de Nassau e Guillerme de Orange, que volveron para ocupar o país aproveitando a sublevación popular contra o establecemento dun imposto, a alcabala, permanente sobre as transaccións (1571). Substituído no cargo por Luís de Requesens (1573), no 1580 dirixiu as campañas en Portugal que levaron ao coroamento de Filipe II como Rei portugués coa aprobación do Parlamento luso.