alveolado -da

alveolado -da

(< alveolo)

  1. adx

    Formado por alvéolos, que ten alvéolos.

  2. adx [DEC]

    Ornamentación e técnica característica do esmalte ao modo das celas dun panal. Consiste en soldar a unha prancha metálica láminas moi finas (de menos dun milímetro de relevo), que delimitan os contornos do debuxo; estes compartimentos énchense de esmalte en po e as pezas introdúcense no forno.

Palabras veciñas

álveo | alveógrafo | alveograma | alveolado -da | alveolar | alveolina | alveólise