alxaba

alxaba

(< áral-ja’ab â )

  1. s f

    Bolsa de pequeno tamaño que levan as mulleres atadas á cintura e por dentro da saia, empregada para gardar os cartos.

    Ex: Gardou os cartos na alxaba para evitar que lle roubasen a carteira.

    Sinónimos: alxabeira, faldriqueira.
  2. s f

    Estoxo de madeira, caixa portátil ou bolsa de coiro que vai pendurado normalmente do ombreiro cunha correa, empregado para levar as frechas e setas.

    Ex: Atoparon os restos dunha alxaba con frechas de punta grosa.

  3. s f

    Bolsa de rede empregada polos cazadores para levar ás costas os animais atrapados.

  4. s f

    Faldriqueira ou peto grande onde gardar comida e utensilios para unha viaxe.

    Ex: Gardamos todo o que puidemos na alxaba para marcharmos logo.

  5. s f [INDUM]

    Gargantilla ou colariño, que vai cinguido ao pescozo.

    Ex: Quédache moi ben esa alxaba!

Palabras veciñas

Alvito | Älvsborg | Alwar | alxaba | alxabeira | alxama | alxamía