alxibe

alxibe

(<ár al-jūbb ‘o pozo’)

  1. s m

    Cisterna, depósito amplo e de pouca profundidade, tallado na rocha ou feito de obra, revestido por dentro de pedras e cuberto dunha bóveda, que serve para recoller a auga da chuvia.

    Ex: Como non tiñan auga corrente, construíron o alxibe para reter a auga.

  2. s m [CONSTR]

    Construción para o almacenamento de auga. Da época castrexa consérvanse restos do alxibe do Castro de Elviña.

  3. s m [MAR]

    Embarcación destinada ao transporte de auga.

  4. s m [MAR]

    Barco destinado ao transporte de petróleo.

    Sinónimos: cisterna.
  5. s m [MAR]

    Caixa de chapa de ferro onde se almacena a auga nos barcos.

  6. bóveda de alxibe

    bóveda.

Palabras veciñas

alxerife | alxerino -na | alxesia | alxibe | alxicida | álxico -ca | alxidez