ama

ama

(< lat amma ‘nai’)

  1. s f

    Dona dunha propiedade.

    Ex: A ama mandounos segar na herba do campo do lado.

  2. s f

    Muller con criados.

  3. s f

    Muller que traballa para o cura.

    Ex: A pesar de que don Francisco non estaba entramos grazas á súa ama.

  4. ama de cría/de leite/de peito

    Muller que cría e aleita cos seus peitos fillos alleos.

  5. ama de goberno/de chaves

    Muller que goberna e leva unha casa.

Refráns

  • Ama gorda, pouco leite.
  • Sodes ama mentres o neno mama, que despois nin ama Din nada.
  • Sodes ama mentres o neno mama, que, desque non mama, nin ama nin nada.

Palabras veciñas

Am | AM | Am-Timan | ama | amabile* | amabilidade | amable