Amarante
Amarante
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe vencellada ao condado de Amarante e natural do Castro de Amarante, en Antas de Ulla. As súas armas levan, en campo de azur, trece bezantes de prata, postos de tres en tres e un de non. Outra variante leva, en campo de azur, trece besantes de prata, cargado cada un dunha mota de sable no centro, colocados en faixa e postos 5-4-3 e 1.