amargo -ga
amargo -ga
(< lat *amaricu < amaru)
-
-
adx
Dun sabor caracteristicamente desagradable, coma o fel ou o zume de áloe.
Ex: Este café está un pouco amargo, bota máis azucre.
-
sabor amargo
Un dos catro sabores fundamentais. A sensación de amargor conséguese pola acción sobre o sentido do gusto de moitas substancias non iónicas, como son os alcaloides (cafeína, estricnina, quinina, brucina), os glucósidos (narinxina) ou os compostos cíclicos nitroxenados (ácido pícrico). Algúns ións metálicos producen tamén sensación de amargor (iodo, prata, cesio, rubidio e férrico).
-
adx
-
adx
Que produce unha impresión de desgusto, que expresa aflición.
Ex: Eses momentos tan amargos que pasei xa non tornarán nunca.
-
s
m
[ANIMAL]
araña.