amarra

amarra

(< amarrar)

  1. [MAR]
    1. s f

      Nome xenérico de toda clase de cabos, cadeas e cables metálicos usados para o amarre dunha embarcación a terra, a unha áncora ou a outro barco nun fondeadoiro.

      Ex: Coa amarra ben colocada puideron baixar do barco a terra.

      Confrontacións: cable, soga.
    2. amarra de popa

      Amarra tirada dende a popa dunha embarcación mentres se vai afastando.

    3. amarra de proa

      Amarra tirada dende a proa dunha embarcación mentres se vai afastando.

    4. amarra de través

      Amarra tirada perpendicularmente á liña de proa-popa dunha embarcación para conseguir que esta se oriente en determinada dirección.

    5. amarra falsa

      Amarra que ten por finalidade suxeitar ao costado ou pola popa as embarcacións menores de a bordo.

  2. s f

    Correa que se lle pon aos cabalos para impedir que levanten a cabeza.

  3. s f pl

    Proteccións ou apoios que recibe alguén por parte doutra persoa.

Palabras veciñas

amaroar | amarón | amaroufar | amarra | amarradoira | amarradura | amarralla