Amasis
Amasis
Penúltimo Faraón da XXVI dinastía (570-526 a C), chamada ‘dinastía Saíta’. Accedeu ao poder como consecuencia dun golpe de estado contra Apries. Polo seu bo entendemento cos gregos (casou con Ladice, unha grega de Cirene), recibiu o alcume de Filhelénico.