Amati

Amati

Familia italiana dedicada á fabricación de instrumentos de corda, xa activa en Cremona dende o s XVI. O primeiro foi Andrea Amati (1535?-1611?), que construíu instrumentos para a capela de Carlos IX de Francia. Seguiron a súa tradición os seus dous fillos: Antonio Amati (1555?-1638?) e Girolamo Amati (1556?-1630). Nicolò Amati (1596-1684), fillo de Girolamo, foi mestre de Andrea Guarnieri e de Antonio Stradivari.

Palabras veciñas

amatar | Amaterasu | amateur* | Amati | Amatique, baía de | amatividade | amativo -va