Amboaxe
Amboaxe
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe oriúnda do lugar de Amboaxe, no concello de Santiso (Arzúa). Tamén pode aparecer coa forma castelanizada Amboage. As súas armas levan, en campo de prata, trece roeis de azur, postos tres, tres e un.