ambrar
ambrar
(< lat ambulāre ‘andar,pasear’)
-
v i
Mover o corpo sinuosamente cando se camiña.
-
v i
[ZOOL]
Camiñar un cuadrúpede a bo paso, movendo ao mesmo tempo as patas dun mesmo lado, como a xirafa, o camelo, o oso, o elefante ,e ás veces, os cabalos.
-
v i
Manter relacións sexuais. OBS: Nas cantigas de maldicir galego-portuguesas (especialmente de temática erótico-sexual), era frecuente o emprego deste termo xogando co seu dobre sentido (aequivocatio) ao encobrir este matiz obsceno. Así, podemos atopar exemplos como o seguinte tirado de Afons’Eanes de Coton: “e per ensinar a molher / coitada, que a vós veer, / señor, que non souber ambrar” (5-7 IV).