ambrosiano -na

ambrosiano -na

(< santo Ambrosio)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a santo Ambrosio.

  2. adx

    Dise da cidade de Milán ou dos seus habitantes.

  3. adx [RELIX/MÚS]

    Relativo ou pertencente á liturxia da Igrexa de Milán; na súa formación tomou parte santo Ambrosio. O rito ambrosiano, que contén elementos semellantes á liturxia de Roma e á da Galia, é un dos poucos rituais católicos non romanos que subsisten.