2 ameixa
(
-
[ANIMAL]
-
s
f
Molusco bivalvo do xénero Venerupis que presenta valvas sólidas, ovadas ou alongadas, de ata 7 cm de ancho e con liñas concéntricas na superficie. Vive en fondos areosos. Péscase con sachos na zona intermareal e con sachos de vara dende embarcacións na zona inframareal. Emprégase na alimentación cru, cociñado ou en conserva.
-
ameixa babosa [Venerupis pullastra, Fam dos venéridos]
Molusco bivalvo de ata 5 cm de ancho e de valvas ovadas, sólidas, con liñas concéntricas máis marcadas ca as radiais, de coloración marrón ou gris clara con debuxos en zigzag máis escuros, e de periostraco fino e liso. Vive en areas lamacentas na zona inframareal ata 40 m de profundidade no Atlántico, dende Noruega ata Marrocos, e no Mediterráneo.
Sinónimos: ameixola. -
ameixa bicuda
bicuda.
-
ameixa branca
cornicha.
-
ameixa brava
carneiro.
-
ameixa de can
cadela.
-
ameixa fina [Venerupis decussata, Fam dos venéridos]
Molusco bivalvo de ata 7 cm de ancho e de valvas ovadas, sólidas, con liñas radiais e concéntricas que forman unha cuadrícula, e coloración abrancazada con manchas máis escuras. Vive en fondos areosos na zona mediolitoral inferior e na infralitoral do Mediterráneo e do Atlántico, dende as Illas Británicas ata Marrocos e Senegal.
-
ameixa macha
ameixón.
-
ameixa negra
coquina.
-
ameixa rubia [Venerupis rhomboideus, Fam dos venéridos]
Molusco bivalvo de ata 6 cm de ancho e de valvas ovadas, sólidas, con liñas concéntricas pouco marcadas e de coloración amarronada ou avermellada, con franxas radiais máis escuras. Vive en fondos de area e cascallo na zona inframareal ata 200 m de profundidade no Mediterráneo e no Atlántico, dende Noruega ata Marrocos.
-
s
f
-
s
f
[ALIM]
Das tres clases de ameixas que existen en Galicia, a fina e a babosa son as máis apreciadas na gastronomía, e en menor medida a rubia; a fina, de maior tamaño, é a que alcanza maior valor porque se conserva viva fóra da auga durante máis tempo e, ademais, é a que mellor resulta para consumir crúa. As outras soen cociñarse con fideos ou como complemento de guisos de peixe e, sobre todo, para facer as “ameixas á mariñeira”: cócese cebola, allo e pirixel, todo ben picado, nun pouco de aceite e, para abrir neste preparado as ameixas, engádeselle un pouco de miolo de pan ou de fariña, disolta en viño branco, para que a salsa tome un pouco de corpo.
-
s
f
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cona’.