America On Line
America On Line
Nome científico:
[AOL]
[INFORM]
O maior provedor de servicios de Internet do mundo. AOL ten base na cidade de Viena, en Virxinia, EE UU. Ofrece aos seus subscritores correo electrónico, conferencias, software, apoio sobre ordenadores, revistas e periódicos interactivos, clases en liña ou acceso a Internet, entre outros produtos. AOL mercou en novembro de 1998 unha das compañías emblemáticas do sector, Netscape, nunha espectacular operación que lle permitiu gozar do navegador Communicator e do centro de servicios NetCenter da empresa absorbida. Esta fusión por compra foi empregada como argumento por Microsoft, a multinacional de Bill Gates, para defenderse das acusacións de monopolio.