amígdala
(
-
s
f
[ANAT]
-
Órgano constituído por un retículo de tecido linfático e epitelial. Contén folículos linfáticos que aumentan de tamaño ante unha estimulación e que interveñen na actividade inmunizadora.
-
amígdala farínxea ou de Luschka
Amígdala sita na porción nasal da farinxe. A súa hipertrofia constitúe a afección denominada vexetacións adenoides.
-
amígdala lingual
Amígdala sita no dorso da lingua.
-
amígdala palatina
Cada un dos dous órganos que se atopa a un e outro lado do padal, entre os pilares. Están formadas por tecido linfático recuberto por unha membrana mucosa e conteñen criptas e moitos folículos linfáticos. Forma parte do anel linfático de Waldeyer e supón unha barreira defensiva entre a boca e a farinxe, para evitar a entrada de axentes patóxenos. A súa inflamación é coñecida co nome de amigdalite.
-
amígdala tubárica
Amígdala localizada na trompa de Eustaquio, como parte integrante do anel linfático de Waldeyer.
-
-
s
f
[ANAT]
Lóbulo raquídeo do cerebelo, de forma semellante ao dunha amígdala.