amigdalino -na

amigdalino -na

(< lat amygdalĭnu ‘de améndoa’)

  1. adx [ANAT]

    Relativo ou pertencente ás amígdalas.

  2. s f [BIOQ]

    Glicósido cianoxenético presente nas sementes de moitas rosáceas. Soluble en auga e en alcohol quente, pero insoluble en éter. Obtense a partir das améndoas amargas desengraxadas por extracción con alcohol fervendo.

    Sinónimos: amigdalósido.

Palabras veciñas

amigdalato | amigdalectomía | amigdálico, ácido | amigdalino -na | amigdalite | amigdalo- | amigdaloide