Amigos, Os
Amigos, Os
[MÚS]
Cuarteto de gaitas tradicional da cidade de Lugo. Composto por dúas gaitas, tamboril e bombo. Tivo a súa época de maior esplendor nas décadas dos 60/70, nas que acadaron numerosos premios nos concursos que se celebraban daquela en cidades como Vigo, Santiago, Ourense, etc, competindo con importantes grupos da época como Os Montes, Os Campaneiros, Os Morenos, etc.