aminoacilo-RNAt-sintetasa

aminoacilo-RNAt-sintetasa
s f [BIOQ]

Cada unha da vintena de enzimas que se activan especificamente co obxectivo de formar un composto aminoaciladenilato na etapa inicial da síntese de proteínas. Estas enzimas catalizan a reacción dun aminoácido específico co ATP para producir aminoacil-AMP ou aminoácido activado e pirofosfato, e tamén a transferencia do aminoácido activado ao RNA transferente específico para producir aminoacil-RNAt e AMP libres.

Palabras veciñas

aminoacil-RNAt | aminoaciladenilato | aminoacilo | aminoacilo-RNAt-sintetasa | aminoalcohol | aminoazoico -ca | aminobenzoico -ca