amizade

amizade

(< lat amicitāte)

  1. s f

    ínculo afectuoso entre dúas persoas que nace dun cariño e unha benevolencia mutuas. Tamén se di da afección dunha persoa por outra fóra dos lazos de sangue e do amor sexual.

    Ex: A amizade que une a eses dous amigos é perpetua. Mantivo unha relación de amizade durante dous anos.

    Antónimos: indisposición, inimizade.
  2. s f

    Bo entendemento, boas relacións entre pobos, corporacións e agrupacións semellantes.

    Ex: A amizade entre Galicia e Arxentina consolidouse coa emigración.

  3. s f

    Persoa coa que se ten amistade.

    Ex: Viñeron visitala a casa as súas amizades.

  4. facer amizade

    Reconciliarse dúas ou máis persoas que estaban inimizadas.

    Ex: Antes do que ti pensas, eles dous xa farán amizade.

Palabras veciñas

Amituo | Amiudal | amixia | amizade | Amizade, oleoduto da | amizar | amizoso -sa