Ammenemes I

Ammenemes I

Faraón fundador da XII dinastía (1991-1962 a C). Accedeu ao trono despois dun golpe de estado contra Menthotep IV, do que era Visir. Trasladou a capital de Tebas a Al-Fayyūm, reorganizou a administración, estableceu métodos de control dos gobernadores provinciais e fixo correxente a seu fillo de maior idade (Sesostris, 1971 a C). Aparece en documentos e narracións como a Profecía de Nefertiti, as Instrucións de Amenemes e o Conto de Sinuhé. Foi enterrado na pirámide que se fixo construír en Lisht (55 km ao SO do Cairo).