Ammotragus
Ammotragus
[ANIMAL]
Xénero de ovinos africanos do tamaño dos cervos e de aspecto semellante ás cabras. Os cornos dos machos son grandes e moi encorvados cara a atrás; pola contra, os das femias son máis pequenos. Viven en zonas rochosas do Sáhara e noutros puntos montañosos do norte de África.