amnistía

amnistía

(< gr ἀμνηστία‘esquecemento’)

s f [DER]

Decisión do poder público, ditada por razóns de alta política e, xeralmente, destinada a conseguir a pacificación e a reconciliación despois dun litixio civil, que borra o relevo penal de determinados actos   extinguíndose completamente a pena e todos os seus efectos. Se os autores dos actos xa estiveron condenados, a amnistía fai cesar o cumprimento da pena principal e de todas as accesorias, e anula os antecedentes penais; en caso contrario, extingue a acción legal para perseguir os feitos amnistiais. En cambio, a amnistía non dilúe a responsabilidade civil debida a terceiras persoas. Se ben é certo que normalmente se concede só para os delitos denominados políticos, pode incluír só delitos comúns. Nalgúns casos, ademais de borrar a antixurisdicionalidade do acto amnistiado, incluso significa a súa xustificación a posteriori. A amnistía diferénciase do indulto, en que o segundo deixa subsistente a antixurisdicionalidade do feito condenado.

Confrontacións

indulto

Palabras veciñas

amniotite | amniotomía | amnioxénese | amnistía | Amnistía Internacional | amnistiar | Amnón