amoado

amoado
  1. s m [ALIM]

    Preparado con carne picada, especias e outros ingredientes para encher os embutidos, e así preparar chourizos e morcillas.

    Ex: Estou facendo o amoado dos chourizos.

    Sinónimos: zorza.
  2. s m [ALIM]

    Pasta elaborada con fariña, auga ou leite, ovos e sal, coa que se fan as filloas, orellas, follas e outros doces típicos do entroido.

    Ex: O amoado para facer as filloas está moi solto.

  3. caldo amoado [ALIM]

    Caldo espeso feito de patacas, verduras e fabas.

  4. s m [OFIC]

    Mestura de auga e arcol pulverizado que empregan os oleiros para vidrar os cacharros de barro.

Palabras veciñas

Amo García de Leis, Xosé | Amoa | amoada | amoado | amoblar | amocar | amocelo