Amorebieta, Convenio de
Amorebieta, Convenio de
[HIST]
Acordo asinado en Amorebieta no mes de marzo de 1872. Os asinantes foron Carlos VII e, en representación do Rei Amadeo I de Savoia, o Xeneral Serrano. O feito que motivou a sinatura do Convenio, que puxo fin ás hostilidades xurdidas pola Terceira Guerra Carlista (1872-1878) en Bizkaia, foi a derrota de Carlos VII en Orokieta. Este convenio, sen embargo, non puido frear o conflito, que se retomou a finais de 1872.