amorodeira
amorodeira
(< amorodo)
s
f
[PLANTA]
Herba perenne, estolonífera, de follas trifoliadas e flores brancas, que produce un falso froito ou heterio denominado amorodo, formado polos froitos auténticos que son pequenas núculas dispostas sobre un receptáculo carnoso e vermello na madureza. Atópase en toda Galicia en ambientes sombrizos, nas beiras de bosques e matogueiras. Pódense atopar tamén variedades cultivadas desta e doutras especies do mesmo xénero seleccionadas para a produción de amorodos meirandes.