Amosis ou Ahmosis
Amosis ou Ahmosis
Primeiro Faraón da XVIII dinastía (1570 - 1546 a C). É fillo de Seqenenre Tao II. A conquista de Avaris, capital dos niksos, significou a fundación do Reino Novo (1567-1085 a C). Penetrou en Palestina e Fenicia e, cara ao Sur, recuperou a Baixa Nubia, prefigurando a expansión faraónica do Reinado de Tuthmosis III. Construíu en Karnak o templo de Ammón.