ampliación
(< ampliar)
-
s
f
Acción e efecto de ampliar.
Ex: Para lograr a ampliación do meu despacho temos que tirar ese tabique.
Confrontacións: agrandamento, ancheamento. -
s
f
[ARTE/IND]
-
Proba fotográfica obtida por proxección do negativo sobre unha emulsión de papel sensible mediante os aparellos axeitados.
Ex: Quero unha ampliación da fotografía da paisaxe de Oseira.
-
Proceso levado a cabo para obter unha copia fotográfica ampliada, máis grande ca o negativo empregado para producila.
-
-
ampliación de capital
[DER/ECON]
Aumento da cifra do capital dunha sociedade mercantil por medio da aportación de bens dos antigos socios ou doutros dos novos, ou polo traspaso á conta do capital do contido nas contas de reserva ou a conversión de créditos pasivos e plusvalías en capital.
-
ampliación de memoria
[INFORM]
Operación destinada a mellorar parcialmente as capacidades ou o rendemento dun equipo informático, instalando neste equipo módulos adicionais de memoria.