amplificación
(
-
s
f
Acción e efecto de amplificar.
Ex: Os técnicos levaron a cabo unha amplificación do sinal.
-
s
f
[FÍS]
-
Nos amplificadores, aumento dunha tensión ou dunha corrente. Cando o sinal a amplificar é de tipo periódico (sinusoidal ou non), a amplificación ten que reproducir exactamente na saída un sinal de amplitude maior pero sen deformar o sinal primitivo. Neste caso, moi corrente en electroacústica, trátase dunha amplificación lineal. A amplificación pódese facer por medio de tubos electrónicos (principalmente tríodas e péntodas), transistores e, nalgúns casos, dispositivos magnéticos. Distínguense diferentes clases básicas de amplificación: A, AB, B e C. Na clase A, o tipo de polarización é tal que para un sinal de entrada sinusoidal circula corrente de saída durante todo o tempo que dura o ciclo. Na clase B, só circula corrente de saída durante medio ciclo do sinal de entrada. Na clase AB, circula corrente durante un tempo inferior a un ciclo pero superior a medio ciclo. Na clase C, a corrente só circula durante un tempo inferior a medio ciclo.
-
Relación entre os valores de saída e de entrada dunha magnitude nun amplificador calquera. Tamén se denomina beneficio. Segundo a magnitude á que se refire, pódese falar de amplificación de potencia, de tensión ou de corrente. A amplificación pódese expresar en forma dunha relación por cociente, pero é máis corrente utilizar o decibelio.
-
factor de amplificación
Nun tubo electrónico, relación entre a variación de tensión anódica e a variación de tensión de reixa cando a corrente anódica se mantén constante. É un dos parámetros máis correntemente utilizados para caracterizar a eficiencia dun tubo. Polo xeral, aparece representado pola letra μ.
-
-
s
f
[LING]
Nun discurso oral ou escrito, desenvolvemento pormenorizado e exhaustivo que se dá a unha proposición ou idea co fin de deixala máis clara e darlle máis forza. Os seus efectos poden conseguirse por medio da hipérbole, da perífrase ou doutros recursos.
-
amplificación xénica
[XEN]
Produción de moitas copias dun mesmo xen por replicación selectiva dun fragmento determinado do ADN.