Amurru
Amurru
Antigo país de Oriente Próximo localizado en Siria, ao sur de Qatna. Era unha das numerosas unidades territoriais creadas polos amoritas que xa aparece documentada no s XVIII a C en textos de Mario e no s XVIII nas táboas de Alakah. A partir do s XV a C cae baixo o dominio da XVIII dinastía exipcia. O país acadou a súa plenitude baixo o dominio de Aziru (1350 a C), quen asinou un tratado de vasalaxe co hitita Šuppiluliumaš I. A dinastía mantívose case ata a invasión dos Pobos da Mar (1.200 a C).