Anábase
Anábase
Obra histórica de Xenofonte sobre a expedición (literalmente, ‘marcha cara ao interior’) organizada por Ciro o Xove, coa axuda dun corpo de mercenarios gregos, contra o seu irmán Artaxerxes II, Rei dos persas. Malia o título, o autor describe, sobre todo, a retirada dos “dez mil” despois da morte de Ciro na batalla de Cunaxa (401 a C) e do asasinato dos seus xefes principais. Xenofonte chegou a ser estratega e conseguiu a retirada dos gregos en Trapezunt (Trabzon).