Anabel
Anabel
[ONOM]
Antropónimo procedente do inglés Annabel, nome escocés anterior ao uso de Anne. Probablemente se formase a través dun proceso de disimilación de Amabel: Amabel < Amable < lat Amabilis. Anabel espallouse, sobre todo, polos países anglosaxóns grazas ao famoso poema de Edgar Allan Poe “Annabel Lee”. Adoito emprégase como contracción popular ou familiar de Ana Isabel. A súa festa celébrase: o 26 de xullo (Ana); e o 4 de xullo, 5 de novembro ou 17 de novembro (Isabel). Outra variante deste nome é Anabela.