anacoreta
anacoreta
(< lat tardío anachorēta< gr ecles ἀναχωρητής de ἀναχωρέω‘retirarse’)
s
[RELIX]
Persoa que se retira a un lugar solitario para levar unha vida de silencio, pregaria e mortificación. A figura do anacoreta é común en moitas relixións históricas: Hinduísmo, Budismo, Islamismo, Xudaísmo. No Cristianismo, o termo pode facer referencia tanto aos cenobitas coma aos eremitas, mais na práctica aplícase aos últimos, é dicir, a persoas que viven completamente soas.