anaerobiose
anaerobiose
(< anaerobio + -ose)
s
f
[BIOL]
Forma de vida, descuberta por Pasteur ao estudar a fermentación butírica, dos seres que non precisan de osíxeno libre (en forma gasosa) e obteñen a enerxía de reaccións de oxidación nas que o aceptor final de electróns é a materia orgánica. Existen dous tipos de organismos anaerobios: os anaerobios estrictos (non toleran a presenza de osíxeno no medio) e os anaerobios facultativos (toleran a presenza de osíxeno no medio). Así mesmo, os organismos anaerobios facultativos poden ser de dous tipos: os indiferentes á presenza ou ausencia do osíxeno e os que poden pasar da anaerobiose á aerobiose, segundo a disponibilidade de osíxeno no medio (como os lévedos).